(VÍDEO) Que opinan os galegos da vacina de AstraZeneca?

Logo do discurso mediático creado ao redor da vacina de AstraZeneca por unha serie de casos de trombose xurdidos trala administración da mesma, moitos galegos afirman ter medo da vacina. Porén, a maioría defende que vacinarse é a única forma de vencer ao virus.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Cinco millóns de persoas recibiron xa a vacina de AstraZeneca en toda a Unión Europea, das que un millón foron administradas en España e 110.000 en Galicia. Porén, este plan de vacinación viuse paralizado debido a uns casos de trombose identificados en persoas que se vacunaran a través de AstraZeneca.

Indicación de `Vacinación Covid´ no exterior do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), en Pontevedra, Galicia (España), a 13 de marzo de 2021. Un total de 4.400 persoas serán inmunizadas por un equipo de 60 profesionais sanitarios que administrarán vaina. Europa Press
Indicación de `Vacinación Covid´ no exterior do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), en Pontevedra, Galicia (España), a 13 de marzo de 2021. Un total de 4.400 persoas serán inmunizadas por un equipo de 60 profesionais sanitarios que administrarán vaina. Europa Press

Os 30 casos de episodios tromboembólicos foron detectados en diferentes países europeos tras a administración de AstraZeneca, o que levou a 14 países a suspender a vacinación por medio de AstraZeneca. España, que conta con 3 casos de trombose relacionados coa vacina, suspendeu a administración da mesma o pasado luns 15 de marzo.

Esta situación levou a que os medios de comunicación informasen do que estaba a suceder dando prioridade á incerteza da relación entre os casos de tromboses e a vacina, en lugar de darlla aos facultativos que defenden que a vacina é segura; creando así un clima de preocupación entre a poboación, que provocou nela unha sensación de medo á vacina.

Por este motivo, a Axencia Europea do Medicamento (EMA) e a Organización Mundial da Saúde (OMS) insisten en que os casos de trombose localizados son moi reducidos e que non está probada a existencia dunha relación causal entre a administración da vacina e o episodio tromboembólico.

"A VACINACIÓN É NECESARIA PARA CONTROLAR O VIRUS"

Doses da vacina AstraZeneca contra a Covid- 19
Doses da vacina AstraZeneca contra a Covid- 19 | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Desta maneira, aínda que algúns non queiran vacinarse con AstraZeneca polo medo que lles xerou o coñecemento de casos de trombose relacionados coa vacina, a poboación galega na súa maioría é consciente da importancia da vacinación e anima aos seus concidadáns a poñela, xa que como sostén unha lucense: "a vacina ten riscos, pero é necesaria para controlar o virus".

Así, a Xunta de Galicia, que apostou dende o primeiro momento por seguir vacinando á poboación con AstraZeneca, anunciou o pasado xoves, 18 de marzo, que a administración destas vacinas reanudarase esta semana, co fin de vencer ao virus e conseguir o máis pronto posible a ansiada normalidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta