Seguen morrendo maiores de residencias xa inmunizadas: o último dun centro de Silleda

Esa residencia ten case medio cento de contaxiados. Xa son 2.320 as vítimas da pandemia en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2021 | Actualizada ás 22:38

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este domingo o falecemento con covid dun usuario da residencia Coviastec de Silleda , o que eleva a 2.320 as mortes que deixa a pandemia en Galicia.

En concreto, a última vítima trátase dun home de 87 anos que permanecía ingresado con coronavirus no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

O ancián, que xa contaba con patoloxías previas, procedía da residencia Coviastec de Silleda, onde a pasada semana se detectou un brote de coronavirus que este domingo sumaba xa 46 positivos entre os usuarios.

Trátase do primeiro falecido deste centro xeriátrico que no entanto xa fora completamente inmunizado coa vacina, fóra dos maiores que entraran recentemente, segundo aseguran a Europa Press fontes da Consellería de Política Social.

Facía 12 días desde a última morte dun usuario dunha residencia de Galicia. O pasado 9 de marzo, Sanidade notificaba o falecemento dun ancián da DomusVi Laraxe, en Cabanas (A Coruña).

Un traballador sanitario totalmente protexido traslada unha padiola nas inmediacións da residencia de anciáns de San Cibrao / Carlos Castro - Europa Press.   / Europa Press
Un traballador sanitario totalmente protexido traslada unha padiola nas inmediacións da residencia de anciáns de San Cibrao / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta