A ponte de San Xosé remata con 44 accidentes, 56 persoas feridas e tres mortes

O accidente máis grave tivo lugar o venres, en Salceda, coa morte dunha muller e os seus dous fillos menores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2021 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 56 persoas debido a 44 accidentes de tráfico rexistrados durante a ponte de San Xosé, das que tres faleceron nun accidente que tivo lugar o venres en Salceda de Caselas.

Accidente en Ou Barco. GARDA CIVIL
Accidente en Ou Barco. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do xoves 18 de marzo e as 23,59 horas do domingo 21 un total de 59 chamadas en relación con sinistros de tráfico. Os días que rexistraron máis incidentes foron o venres e o sábado, con 13 accidesntes cada xornada.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 55. En concreto, as ambulancias realizaron 51 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en catro sinistros. En 48 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasiones recibiron atención no lugar do incidente t tres persoas faleceron no punto do sinistro.

A proporción de homes atendida ascendeu ao 73 por cento e a de mulleres situouse no 27%. En canto ás idades dos feridos, o 34% dos asistidos tiña entre os 25 e 39 anos. A provincia de Pontevedra, con 21 accidentes, foi a que rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos da pasada ponte; seguida da Coruña, con 12; Lugo, con oito; e Ourense, con tres sinistros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta