Feijóo destaca o "avance histórico" que supuxeron as Casas do Maior na conciliación no ámbito rural

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/03/2021 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, visitou este luns una das Casas do Maior situada no Concello de Castrelo de Miño, onde destacou que estes pequenos centros de día supuxeron un "avance histórico" en materia de conciliación no ámbito rural.

Durante a visita, o presidente galego apuntou que a Xunta cuadriplicará a implantación destas casas ao longo deste ano, ao pasar de 20 a máis de 80 centros en toda a Comunidade. Así, Núñez Feijóo apuntou que todas as persoas interesadas en pór en marcha un destes centros, poderán solicitalo nas próximas semanas. Ademais, lembrou que o Goberno galego habilitou un investimento de 5,3 millóns de euros para achegar estas casas do maior a máis xente.

Durante a visita, o xefe do Executivo galego estivo acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, e polo alcalde da localidade, Avelino Pazos.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Sanidade, Xulio García Comesaña, e a de Política Social, Fabiola García, na reunión do comité clínico.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Sanidade, Xulio García Comesaña, e a de Política Social, Fabiola García, na reunión do comité clínico.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta