Absolto un mozo acusado de abusar dunha menor

O xurado ten en conta as contradicións da acusada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2021 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, absolveu a un amigo dunha menor de 14 anos acusado de abusar dela en agosto de 2018, tras a celebración dunha festa de aniversarios.

En concreto, no fallo absolutorio, os maxistrados destacan a ausencia de corroboracións obxectivas da declaración da denunciante, así como de testemuñas, a pesar de que, segundo a narración dos feitos, varios amigos estaban "moi preto" deles nese momento, nas escaleiras dun edificio tras concluír a festa de aniversarios.

Entre outras cuestións, o tribunal destaca "o feito de que só declarase como testemuña de referencia a nai da menor" e "non outras persoas ás que dixo que contou os feitos". Así mesmo, apunta cara a "as contradicións sobre o ocorrido con posterioridade nas que incorreu nas súas declaracións e respecto do declarado polas testemuñas", o que "introduce serias dúbidas e restan poder de convicción ao testemuño da menor" que é, por outra banda, o que basea de forma exclusiva a acusación.

Xuízo
Xuízo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta