A Deputación da Coruña convoca 45 bolsas para deportistas da provincia

Entre eles figura Irene Branco, que se proclamou campioa do mundo no último evento da categoría sub-17 celebrado nas Vegas e Víctor Castro, que está a se preparar para acudir ao Campionato de Europa absoluto en Moscova.

Por E.P. | A CORUÑA | 22/03/2021 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña convoca 45 bolsas deportivas de 3.500 euros destinadas a deportistas da provincia que destaquen en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, anunciou a convocatoria das bolsas, que este ano contan cun orzamento total de 157.500 euros, nunha visita ao Club Halterofilia Coruña, con máis de 150 deportistas federados, dos que seis contan cunha bolsa da Deputación.

Entre os mesmos, figura Irene Branco, que se proclamou campioa do mundo no último evento da categoría sub-17 celebrado nas Vegas e Víctor Castro, que está a se preparar para acudir ao Campionato de Europa absoluto en Moscova e na fase previa dos clasificatorios para os Xogos Olímpicos de Tokio.

Por outra banda, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este luns o anuncio do proceso selectivo para a contratación temporal de oito traballadores e traballadoras no Concello de Cee. As prazas corresponden a oito peóns para a realización de obras e servizos municipais.

A deputada provincial de Deportes, Cristina Capelán, nunha visita ao Club Halterofilia Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A deputada provincial de Deportes, Cristina Capelán, nunha visita ao Club Halterofilia Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta