Dúas persoas de idade avanzada morren en senllas caídas por escaleiras en Santiago

A primeira das caídas mortais tivo lugar sobre as 18,10 horas deste luns. Dez minutos máis tarde, ás 18,20 un home de 83 anos que ía acompañado da súa muller tamén caeu por unhas escaleiras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2021 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

Dúas persoas de idade avanzada, unha septuaxenaria e un octoxenario, faleceron despois de senllas caídas por escaleiras rexistradas con poucos minutos de diferenza na tarde deste pasado luns en Santiago de Compostela.

A primeira das caídas mortais tivo lugar sobre as 18,10 horas deste luns nun edificio na Avenida de Bilbao, confirmaron fontes municipais, ao baixar unha septuaxenaria unhas escaleiras.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado para atender á muller J.M.V.A., de 73 anos,. O persoal do vehículo medicalizado confirmou a morte desta persoa no lugar, indicaron a Europa Press fontes sanitarias.

Pola súa banda, sinalaron fontes sanitarias, dez minutos máis tarde, ás 18,20 horas nas escaleiras da rúa Batalla de Clavijo un home de 83 anos que ía acompañado da súa muller precipitouse por unhas escaleiras.

O 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico e pesonal da PAC de Santiago para atender ao home J.S.V., de 83 anos, que faleceu no lugar, confirmaron fontes sanitarias.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta