Os Centros de Información á Muller recibirán 5 millóns de euros durante o 2021

Nos últimos cinco anos, os traballadores destas institucións, "que traballaron a pleno rendemento sobre todo durante a pandemia", atenderon a máis de 46.000 mulleres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2021 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

A Xunta destinará en 2021 un total de 4,9 millóns de euros en axudas aos 83 Centros de Información á Muller (CIM) de Galicia, a rede de apoio permanente ás mulleres galegas que o necesitan, con especial atención ás vítimas de violencia de xénero, e que actualmente presta servizo en 182 concellos galegos.

Así o comunicou este martes a conselleira de Emprego e Igualadade, María Jesús Lorenzana, na reunión que mantivo cos directores dos centros. A contía deste ano, segundo recalcou a conselleira, "crece un 10,5% respecto da de 2020 e súmase aos máis de 18 millóns de euros de apoio outorgados por parte da Administración autonómica no últimos cinco anos".

Segundo especificou a consellería nun comunicado, cada entidade social poderá recibir en 2021 "como máximo 45.000 euros e ata 120.000 euros no caso das solicitudes de xestión compartida".

"Os Centros de Información á Muller son un recurso prioritario para a Xunta", destacou Lorenzana, que sinalou ademais que, nos últimos cinco anos, os traballadores destas institucións, "que traballaron a pleno rendemento sobre todo durante a pandemia", atenderon a máis de 46.000 mulleres.

III PLAN DE FORMACIÓN PARA OS CIM

Nos CIM ofrécese "con carácter permanente" atención e asesoramento xurídico e psicolóxico, individual ou colectivamente, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero, "con especial atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero".Estas institucións apoia tamén ás mulleres que buscan emprego, ou que queren melloralo", co obxectivo de garantir a súa independencia económica, "o primeiro paso de ruptura co agresor nos casos de violencia de xénero".

A responsable de Igualdade avanzou ademais que a consellería traballa xa no deseño do III Plan de formación para o persoal dos centros coa apertura das propostas temáticas. Segundo indicou o departamento da Xunta, en 2020 levaron a cabo seis cursos de formación nos que participaron 110 persoas de forma virtual. Técnicas de autocoidado para previr e atallar a síndrome de Burnout, o teletraballo e a eficiencia, o Ingreso Mínimo Vital e as repercusións nas mulleres preceptoras doutras axudas, migracións e reto demográfico e a comunicación a través das redes sociais foron algúns dos temas abordados o ano pasado.

Fotos Xunta / Emprego E Igualdade / Directores Dous Centros De Información Á Muller. Xunta de Galicia / Europa Press
Fotos Xunta / Emprego E Igualdade / Directores Dous Centros De Información Á Muller. Xunta de Galicia / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta