Temas: CAZA ARMAS

En Galicia hay 149.562 armas de caza autorizadas

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/03/2021 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

Galicia rexistra un total de 149.562 armas de caza autorizadas, segundo datos de 2021 facilitados polo Goberno central en resposta a Compromís no Senado.

Imaxe dun cazador
Imaxe dun cazador | Fonte: LIBERA e FFW - Arquivo.

Do total de armas de caza existentes en Galicia, 136.050 son escopetas, mentres que as case 14.000 restantes son rifles. A cifra global supón 269 armas menos que o ano anterior.

Entre as provincias galegas, á cabeza está A Coruña con 47.041 armas. Séguelle Pontevedra (39.484), Lugo (33.849) e Ourense (29.188).

Por outra banda, o Goberno informa de que en 2020 producíronse tres accidentes de persoas que sufriron algún disparo por arma de caza en Galicia. Un deles faleceu na provincia de Ourense --correspondente cun cazador en San Xoán de Río--. Mentres, nas provincias da Coruña e Lugo houbo unha lesión grave, respectivamente.

Temas: CAZA ARMAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta