Atropelan a un policía pola masiva afluencia de coches ao cribado de Riazor

A masiva asistencia ás probas de detección da covid provocaron "retencións importantes" na entrada da cidade.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/03/2021 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

Un policía local resultou ferido tras ser alcanzado por un vehículo cando regulaba o tráfico na zona de Riazor, debido á afluencia de coches polo cribado pola Covid-19 situado neste lugar.

Segundo informaron a Europa Press desde a Policía Local, os feitos producíronse ao redor das 10,40 horas na avenida de Buenos Aires en confluencia coa avenida da Habana. Ao lugar desprazouse unha ambulancia do 061 que trasladou o axente ao hospital Modelo con feridas de carácter reservado.

En concreto, o policía foi alcanzado por un vehículo cando regulaba o tráfico na zona debido á gran afluencia de coches polo cribado, precisaron as mesmas fontes, que sinalaron que isto provocou "retencións importantes" na entrada da cidade e nos accesos próximos a Riazor.

Policía Local
Policía Local | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta