Acordo parlamentario para demandar ao Estado un plan económico que inclúa licitar o tren a Punta Langosteira

Ademais, o texto aprobado fai fincapé na necesidade de potenciar a actividade comercial do Porto da Coruña e a condonación da débeda do Porto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2021 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

Os grupos parlamentarios chegaron a un acordo, por mor dunha iniciativa defendida polo BNG, para impulsar a actividade comercial do Porto da Coruña, licitar o acceso ferrorivarrio do porto exterior de Langosteira e esixir que se condone a actual débeda.

En concreto, populares e socialistas apoiaron este mércores un texto transaccionado sobre unha proposición non de lei exposta a última hora do martes no pleno pola deputada nacionalista Mercedes Queixas.

En concreto, o texto aprobado insta á Xunta a demandar do estado un plan estratéxico de recuperación e impulso da actividade comercial do Porto da Coruña, desde a súa representación no Consello de Administración da Autoridade Portuaria.

Así mesmo, reclama a licitación do acceso ferroviario do porto exterior da Punta Langosteira antes do próximo mes de xuño co compromiso firme do Ministerio de Transportes, Mobilidade, e Axenda Urbana de incluír nos fondos europeos, e na súa falta, asegurar recursos orzamentarios para a súa execución.

Por último, esixe a condonación da débeda do Porto da Coruña con Portos do Estado ou a concesión dunha achega económica da cantidade equivalente.

Votación dunha lei no Parlamento de Galicia.
Votación dunha lei no Parlamento de Galicia. | Fonte: Parlamento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta