Galicia notifica catro novos falecementos con covid-19

A cifra é xa de 2.329

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2021 | Actualizada ás 21:27

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou este mércores de catro novos falecementos vinculados coa covid-19, o que eleva a 2.329 a cifra total de vítimas da pandemia na comunidade.

En concreto, o catro falecementos dos que se informa ocorreron este martes, día 23. Corresponden a un home de 97 anos ingresado no Hospital de Vigo e un home de 75 que se atopaba no mesmo centro.

A maiores, morreu un home de 99 anos no Hospital de Ferrol e unha muller de 92 no Clínico de Santiago. Esta última vítima procedía da residencia de maiores de Silleda, onde hai un brote activo e da que o pasado domingo faleceu outro interno.

Unha profesional sanitaria camiña fronte á residencia de maiores Coviastec, en Silleda, Pontevedra.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Unha profesional sanitaria camiña fronte á residencia de maiores Coviastec, en Silleda, Pontevedra.. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta