Manifestación nudista na Praza do Obradoiro contra a venda de armas

Santiago únese a esta mobilización espallada por varias cidades.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

No mundo do século XXI, os implicados en mobilizacións públicas vense obrigados a desevolver accións rechamantes se queren facer chegar a súa mensaxe. Aprendérono axiña os operarios do comité de empresa de Alcoa, cos seus particulares 'enterros' da compañía, técnica á que pouco despois se sumarían os enfermeiros e enfermeiras da UCI do Clínico de Compostela.

Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago
Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago

Como sempre acontece, hai alguén que colle a liña precedente e a debuxa un paso máis alá. É o caso da mobilización convocada para este xoves ás 12 do mediodía na compostelá Praza do Obradoiro, entre unha rede de cidades do Estado. A iniciativa é clara: os manifestantes protestan espidos ou semiespidos ante o edificio consistorial das urbes cunha consigna clara: o 'non' ao tráfico de armas.

A mobilización chega a Compostela nun monento en que, segundo os convocantes, o Estado español "acada hoxe un volume inédito na fabricación, venda e exportación" de armamento. Por iso, recorren á mobilización pública con pintadas "no torso e as cosatas" nas que se pode leer "España y Arabia Saudí son amigos pero hay amistades que matan". Os convocantes animaron a participar "a toda persoa socialmente sensible coa situación actual". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta