O Parlamento Galego podería recoñecer a figura do "refuxiado climático"

A rede Acampa pola Paz vén de reunir con PP, BNG e PSdeG para levar adiante unha declaración institucional ao respecto.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2021 | Actualizada ás 22:40

Comparte esta noticia

A rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio vén de anunciar que acaba de levar ante o Parlamento Galego a súa reivindicación do recoñecemento da figura do refuxiado climático, aquel que se ve obrigado a deixar o seu lugar de residencia por mor das consecuencias negativas da crise climática. Aínda que polo momento esta posibilidade pode semellar distante, a ONU --explican dende Acampa-- cifra en ata 1.000 millóns as persoas que nos próximos 30 anos poderían que ter facer un éxodo climático.

A rede Acampa pola Paz e o Dereito ao Refuxio na reunión do 25 de marzo co deputado do BNG Luis Bará
A rede Acampa pola Paz e o Dereito ao Refuxio na reunión do 25 de marzo co deputado do BNG Luis Bará | Fonte: Cedida

Por esta razón, a rede Acampa anuncia que está de manter reunións con representantes de cada un dos tres grupos parlamentarios do Pazo do Hórreo. Os encontros, celebrados neste xoves 25, foron mantidos entre unha delegación da rede --entre a que se conta o seu coordinador xeral, Xosé Abad, e a o responsable da área de Organizacións Sociais da Rede, Rubén Sánchez-- coa popular Marisol Díaz Mouteira, voceira da comisión de Medio Ambiente; Pablo Arangüena, voceiro adxunto do PSdG e Iago Tabarés Pérez-Piñeiro, do BNG,vogal na Comisión Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior.  

O obxectivo, explican dende a plataforma é que a Cámara galega asuma unha Declaración Institucional nesta liña, que poida ser replicada no Parlamento do Estado e nas institucións europeas para que a figura de refuxiado climático sexa considerada "en todas as leis e regulamentos que regulan o dereito de asilo".

A plataforma subliña a importancia de lograr este compromiso institucional ante as previsións "arrepiantes" de organismos como a ONU e o feito de que, polo momento, tal categoría non existe aínda "no ámbito das leis internacionais que regulan o dereito a refuxio". Malia todo, subliñan dende a Rede, ACNUR constata dende 2009 que hai unha persoa desprazada por desastre ambiental "cada segundo", chegando a unha media de 22'5 millóns ao ano as persoas desprazadas polo clima ou eventos relacionados con el. Malia iso, esta categoría, no ámbito das leis internacionais que regulan o dereito a refuxio, non existe. 

.   

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta