Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/03/2021 | Actualizada ás 18:47
Os dous tripulantes do barco pesqueiro 'Madre Antonia' foron rescatados por Salvamento Marítimo tras o afundimento do barco a unhas dúas millas de Punta Louro, no concello coruñés de Muros.
O centro de Fisterra de Salvamento Marítimo recibiu a alerta de emerxencia do pesqueiro ás 16,13 horas deste xoves. Así, avisouse ás embarcacións da zona e mobilizouse un operativo co buque 'Don Inda', a patrulleira 'Salvamar Regulus' e o helicóptero 'Helimer 401'.
Precisamente, o helicóptero localizou os dous tripulantes agarrados a unha aboia. Tras o seu rescate, foron levados ao aeroporto de Alvedro, onde lles esperaba unha ambulancia xa que presentaban síntomas de hipotermia.
O pesqueiro de artes menores, que ten base en Muros e nove metros de eslora, afundiuse a "uns 80 metros de profundidade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.