Por E.P. | A Coruña | 25/03/2021 | Actualizada ás 18:58
A mobilidade reduciuse na cidade da Coruña un 25%, segundo o informe de tráfico relativo ao ano pasado presentado polo concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada.
Na súa comparecencia, anunciou tamén que o consistorio presentou ao Ministerio de Transportes e Axenda Urbana un total de tres "manifestacións de interese" con respecto á estación intermodal, a monitorización dixital do tráfico na cidade e un plan en que se pretende establecer zonas de baixas emisións.
Para sufragar este tres proxectos, solicitaranse fondos de reestruturación Next Generation á Unión Europea, explicou o edil.
Ademais, apuntou que o goberno local pretende crear un novo centro de xestión da mobilidade no que se integren dixitalmente todos os procesos para a utilización do espazo público ou a carga e descarga.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.