Santiago aproba o regulamento do Consello municipal de persoas maiores

O obxectivo é "impulsar iniciativas orientadas a un envellecemento activo".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/03/2021 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Santiago aprobou este xoves de forma inicial o regulamento do Consello municipal de persoas maiores, co obxectivo de "impulsar iniciativas orientadas a un envellecemento activo" para "mellorar a vida" deste colectivo.

Dúas persoas maiores e xubiladas tentan disfrutar da súa vellez
Dúas persoas maiores e xubiladas tentan disfrutar da súa vellez | Fonte: canarias7

Este regulamento, conforme apuntou a edil de Políticas Sociais, Mila Castro, reflicte a vontade municipal de materializar outro acordo aprobado no pleno en outubro de 2019 para dotar de autonomía propia a este órgano.

A concelleira reivindicou tamén o papel da administración local, que se converte "nunha referencia clara para a promoción de actividades", así como a prestación de "cuantos servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da cidadanía, na que se inclúen os maiores".

A edil lembrou a necesidade de revitalizar este órgano nun contexto no que o "número de habitantes de 65 ou máis anos empadroados en Santiago crece cada ano". "Por iso considérase necesario facer efectivo o dereito á participación das persoas maiores, a través da formulación de propostas, consulta e colaboración coa súa administración local, entendendo necesaria a constitución deste consello que faga que todo isto sexa posible".

O Consistorio compostelán lembrou que a iniciativa para a súa constitución partiu, fundamentalmente, da Plataforma de Pensionistas de Compostela aínda que outras entidades e asociacións mostraron xa o seu interese e a súa intención de participar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta