Evacuado un home en helicóptero tras caer dun cabalo na Estrada

Por E.P. | PONTEVEDRA | 26/03/2021 | Actualizada ás 09:21

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia evacuaron en helicóptero a última hora da tarde deste pasado xoves a un home tras sufrir unha caída cando montaba a cabalo no municipio pontevedrés da Estrada.

Segundo informou o 112, unha vez estabilizado, o ferido foi traslado por profesionais sanitarios a un centro hospitalario en helicóptero medicalizado.

Foi un compañeiro do home quen chamou a Emerxencias 112 Galicia para pedir axuda médica urxente. Tras iso, os xestores de emerxencias avisaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Santiago; aos membros do GES da Estrada, á Garda Civil e Policía Local.

Este operativo activouse ás 19,00 horas deste xoves cando o 112 Galicia recibiu a chamada da persoa que alertaba sobre a situación do home.

Cabalo
Cabalo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta