Os galegos prevén gastar en Semana Santa un 6% menos que antes da covid

A poboación galega ten a intención de gastar un 25% menos do que ten pensado gastar a poboación do conxunto estatal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2021 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O Observatorio Cetelem recolle, a partir dunha enquisa realizada en liña a mil persoas maiores de idade, o gasto medio que os galegos declaran ter intención de realizar durante esta Semana Santa, que é de 197 euros, o que supón un 6% menos que o declarado en 2019.

Comparado coa media nacional, os galegos teñen intención de destinar un 25% menos de gasto nestas datas. Os galegos que declaran ter intención de realizar un gasto inferior debido ás restricións pola pandemia divídense en dous: os que aforrarán, pero non teñen aínda decidido onde o empregarán; e os que aforrarán para gastar en viaxes cando o contexto mellore.

Entre as actividades preferidas polos galegos para realizar esta Semana Santa destacan descansar en casa e ver a amigos, realizar actividades deportivas, e saír a restaurantes.

Turistas en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS
Turistas en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS | Fonte: ELISA PIÑÓN - Arquivo

Se se compara cos resultados do ano 2019, os galegos manteñen a preferencia por descansar e quedar con amigos; descende a porcentaxe daqueles que afirman que sairán a restaurantes (25%, fronte ao 34% en 2019), e retrocede a opción de viaxar (20% fronte ao 23% en 2019).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta