26 organizacións critican a condena sobre Resistencia Galega

Varios partidos con presenza no Parlamento (BNG, Anova, Esquerda Unida) e outros colectivos advirten da chegada da Lei de Partidos a Galicia. A AMI, que tamén firma o manifesto, advirte de que a "a resistência galega vai desde falar a nossa língua e cultivar a terra a fazer sabotagens".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/09/2013 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

Máis de dúas ducias de organizacións da esquerda e do nacionalismo galego mostraron publicamente a súa solidariedade  cos condenados de Resitencia Galega este venres. Entre elas, varias forzas políticas: BNG, Anova, Esquerda Unida, Fronte Popular Galega, Candidatura do Povo, Causa Galiza, Movimento Galego ao Socialismo (MGS), Nós - Unidade Popular (Nós-up) e Partido Comunista do Povo Galego (PCPG).

Presentación do manifesto en solidariedade cos condenados por pertenza a Resistencia Galega no Pichel, en Santiago
Presentación do manifesto en solidariedade cos condenados por pertenza a Resistencia Galega no Pichel, en Santiago | Fonte: ceivar.org

Assembleia da Mocidade Independentista (AMI), Adiante, Agrupaçom de Montanha Aguas Limpas (AMAL), Briga, Ceivar Organismo Popular Anti-repressivo, Central Unitaria de Traballaras/es (CUT), Confederación Intersindical Galega (CIG), Confederación Nacional do traballo -Compostela (CNT-compostela), Comités, Federación Rural Galega (FRUGA), Frente Popular Galega (FPG), Galiza Nova, Isca!, Liga Estudantil Galega (LEG), Mulheres Galegas em Resistência (MUGRE), Que voltem para a casa!e Silveira completan a lista de asinantes dun manifesto de solidariedade. O texto foi presentado publicamente no Centro Social A Xentalha do Pichel de Compostela.

Nel, denúnciase a "brutalidade" das penas aos catro mozos. "Condenalos a penas de 10 e 18 anos de prisión é unha barbaridade represiva dun punto de vista democrático perpetrada por un tribunal que carece das máis mínimas garantías xurídicas esixíbeis e realiza xuízos políticos", argumenta o Manifesto.

Ademáis, advirte que a sentencia abre a porta á ilegalización de colectivos ao fío da Ley de Partidos, como lle sucedeu á esquerda abertzale. Para eles a decisión da Audiencia Nacional é "un instrumento represivo de primeira orde que levanta a veda para criminalizar e penalizar organizacións sociais e políticas de signo nacionalista".

AMI di que o pobo galego saben quen son os verdadeiros terroristas

Pola súa banda a AMI, organización de mozos onde militan varios dos detidos, sacou un comunicado no que advirte dunha resposta violenta tras as condenas: "A resistência galega vai desde falar a nossa língua e cultivar a terra a fazer sabotagens contra as estruturas do inimigo".

Despois das penas por pertenza a banda armada, o grupo chama á revolución: "E sabemos que para chegar a esse objetivo só há um caminho, a luita. E sabemos que a verdadeira revolucionaria nom aguarda à madurês das condiçons objetivas, nom aguarda o momento, cria-o. Sabemos que esse é o motivo polo que as nossas companheiras recebem tam brutal condena, por criar essas condiçons, esse momento que tanto nós como o inimigo sabemos que está a suceder, que a revoluçom está sendo hoje e que nos tenhem medo". Na súa opinión o pobo galego sabe "qual é o terrorismo" pero "nom há pior cego que o que nom queira vê-lo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 @santimlz

A Xustiza Española intérnase no campo da modernidade xurídica e sentenza sobre suposicións, e non sobre feitos probados e demostrables. A Xustiza Española non está en condicións de exercer, é unha desequilibrada, como diría o xornalista. http://wp.me/p1NuYX-ga