Ser diferentes para sermos existentes

O pasado día 22 celebrouse no Parlamento de Galicia o acto de entrega da XXVII edición dos premios de pùblicidade en galego que anualmente convocan o propio Parlamento, Secretaría Xeral de Política Lingüística e Foro E. Peinador do que son presidente. O obxectivo destes premios é premiar ás empresas e axencias de comunicación polo uso da lingua galega nas mensaxes publicitarias en todos os formatos habituais (prensa, radio, televisión e internet).

Por Xosé Glez. | Vigo | 26/03/2021

Comparte esta noticia
Na quenda das escoitáronse acaídas reflexións dos empresarios e dos creativos premiados. Un ano  máis comprobamos como o  discurso do galeguismo empresarial vai prendendo en dirixentes empresariais mudando comportamentos que ata hai ben pouco non eran habituais. A miña intervención  incidíu, como  veño facendo sempre, na validez da lingua galega para o discurso publicitario, apelando ao número de consumidores que falan e entenden o noso idioma, pero recoñecendo que aínda queda moito que facer para escorrentar os prexuízos que converten en excepcional o que tiña que ser normal.
 
Desde que entraron no mercado galego licores procedentes de Francia, Italia, Inglaterra, Alemania… e outros paises do ámbito europeo  os galegos consumímolos en que os textos das etiquetaxes se faga en cadanseu idioma de oríxe. Podémolos atopar nas grandes áreas de distribución, nas cafeterías e nos máis modestos bares e tabernas do país. Os consumidores non poñen reparo ao consumo de produtos por mor das linguas utilizadas nas etiquetas.O que lles importa é a calidade e o prestixio acadado polas marcas comerciais.E que dicir do consumo de medicamentos, cando os seus envases  están grafados nunha lingua científica que só os moi entendido saben descifrar.? 
 
Chama a atención que un sector do empresariado galego recorra a argalladas seudocientíficas para non utilizar a lingua galega na  publicidade, e, sen embargo, e anuncien as rebaixas chamándoas Black Friday, inzando a súa linguaxe comercial  con anglicismo tales como “youtuber”, “low cost”, “offshore”,“online”,“teik-away”,“brokers”,“casting”,“stock”,“sponsor”,”personal   shoper”…
Véndense zapatillas para facer “running”, e anúncianse venda de automóbiles por “leasing” ou “renting”. Non se equivoquen se a cada X anuncia unha sección “Home”, aparentemente podería facer alusión ao xénero; refírese a Tenda de utensilios pasa casa!. Todo anunciado en “spots” .  E hainos que xa substituíron o si polo “okey”. Mesmos cronistas deportivos decidiron chamarlle “mister”  aos adestradores. E nestas estamos.
 
Ven a conto esta ristra de anglicismos para demostrar a contraditoria tolerancia daqueles que usándoos  consideran que a lingua galega limita as mensaxes publicitarias.Afortundamente  as empresas gañadoras  desta XVII edición dos Premios de Publicidade en Galego non son do mesmo parecer.  Os produtos que se publicitan no noso idioma gozan da simpatía dos consumidores.
 
O Grupo Cuevas utiliza a lingua galega na rotulación dos seus supermercados e na  publicidade das súas ofertas. A Adega Martín Códax, ao igual que as parfumerías francesas anuncia os seus viños en lingua galega nos medios de comunicación para consumidores non galego. Aqualia, unha multinacional  que xestiona servizos públicos de moitos concellos galegos,relaciónase na nosa lingua con máis de 150.000 usuarios sen ningún tipo de problemas, como recoñecen os seus directivos. O “Almanaque Agrícola ZZ” é unha publiciación de 80/85 páxinas para orientar  aos labregos no uso de fármacos destinados a cultivos agrícolas.  Naceu da man da empresa bioquímica “Zeltia” en 1952.  Esta empresa foi cambiando  co paso do tempo de propietarios; hoxe é dunha multinacional chinesa que utiliza os criterios da Responsabilidade Social Corporativa, filosofía que aconsella o respeto pola cultura e lingua do territorio na que radican.
 
As mensaxes publicitarias para que sexan eficaces deben reunir moitas condicións. Unha delas é conseguir chamar a atención dos destinatarios. Don Vicente Risco, teórico do nacionalismo galego, home viaxado no seu tempo e aberto a todas as correntes culturais europeas, manifestaba que hai que ser diferentes para ser existentes. Un principio que deberan ter en conta os que se dedican a elaborar mensaxes publicitarias. 

Imaxe dun dos anuncios de 'Vivamos como galegos', de Gadis.
Imaxe dun dos anuncios de 'Vivamos como galegos', de Gadis.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA