O BNG pide aos gobernos galego e estatal instar a Europa a revisar o novo regulamento de control pesqueiro

Por E.P. | VIGO | 26/03/2021 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

O BNG solicitou aos gobernos galego e estatal que insten á Comisión Europea a revisar a regulación de control da pesca aprobado recentemente, ao entender que "resulta tremendamente prexudicial para a frota galega".

Así o trasladaron este venres a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda; as deputadas Rosana Pérez e Carmela González; e o portavoz nacionalista de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, que indicaron que "aínda é posible modificar esa regulación para a pesca artesanal".

En concreto, o novo reglamenteo de control da pesca da Unión Europea (UE) establece a obrigación de que as embarcacións de máis de catro metros estean xeolocalizadas, se instalen cámaras a bordo e se manteña un diario electrónico.

Para o BNG, esta regulación aprobada pola Eurocámara "é unha mostra máis do descoñecemento que ten a Unión Europea do sector pesqueiro galego", xa que implica "decisións afastadas da realidade do sector e desproporcionadas".

Nesta liña, criticou que tanto o PP como o PSOE "votaron a favor da regulación do control da pesca", a pesar de que, "na práctica, supón sumar prexuízos aos que xa sofre a frota galega, na repartición de cotas e TACs".

Rosana Pérez, Carmela González, Ana Miranda e Xabier Pérez Igrexas, do BNG, nun acto contra a regulación europea de control da pesca. BNG
Rosana Pérez, Carmela González, Ana Miranda e Xabier Pérez Igrexas, do BNG, nun acto contra a regulación europea de control da pesca. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta