Ceos despexados e temperaturas á alza para o comezo da Semana Santa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2021 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A situación atmosférica de Galicia en superficie continuará baixo o dominio das altas presións este luns, pero a presenza dunha baixa no Atlántico, entre as illas Madeira e Canarias, introducirá aire frío nas capas altas ocasionando certa inestabilidade.

Segundo detalla Meteogalicia no seu parte diario, prevese unha mañá de ceo despexado, crecendo nubes de evolución pola tarde que poderían deixar algún chuvasco de treboada.

As temperaturas mínimas presentarán un moderado ascenso, mentres as máximas se matendrán sen cambios ou en lixeiro descenso. Pola súa banda, os ventos soprarán en xeral frouxos de dirección variable, con predominio do sueste.

Predicións meteorolóxicas para o luns. METEOGALICIA
Predicións meteorolóxicas para o luns. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta