Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 29/03/2021 | Actualizada ás 11:38
A Garda Civil investiga un tiroteo rexistrado na noite do pasado domingo no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa, no que non houbo persoas feridas. Así o informaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que relataron que sobre as 22,40 horas deste pasado domingo o Instituto Armado tivo coñecemento deste tiroteo.
As mesmas fontes comentaron que este tiroteo sen feridos tivo lugar de noite nunha rúa da localidade de Vilanova de Arousa "cara a unha vivenda". Polo momento, as mesmas fontes resaltaron que non hai detidos ata a data por estes feitos e mantense unha investigación aberta para esclarecer o sucedido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.