Repuntan os prezos dos bens exportados por Galicia

Os prezos de bens importados por Galicia diminuíron un 6,2% en termos interanuais no primeiro mes do ano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2021 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

Os prezos dos bens exportados por Galicia aumentaron un 2% en xaneiro en comparación co mesmo mes de 2020, segundo os datos que publica este luns o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Os bens de capital son os que experimentaron unha maior alza (+5,7%), seguidos de bens de consumo (+4,4%). Só os bens intermedios van á baixa (-3,2%).

Por destino xeográfico, os prezos de bens exportados a países da Unión Económica e Monetaria soben un 4,8%, mentres que os enviados á UE se elevan un 2,7%. A venda a países do OCDE ascenden un 3,5% e ao resto do mundo, un 7,65%.

En cambio, os prezos de bens importados por Galicia diminuíron un 6,2% en termos interanuais no primeiro mes do ano. Aquí, os bens de capital son os que protagonizan o descenso máis acusado (-8,9%).

Exportacións agroalimentarias (arquivo). JLBORT - Arquivo
Exportacións agroalimentarias (arquivo). JLBORT - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta