Emilio, o primeiro paciente con Párkinson que se somete á técnica HIFU: "podo coller un vaso de auga sen que caiga"

O Hospital Clínico de Santiago converteuse o pasado xoves no primeiro centro do sistema sanitario público de España en completar con éxito o primeiro tratamento con HIFU (ultrasonidos de alta frecuencia).

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2021 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

O pasado xoves, 25 de marzo, Emilio, un paciente con párkinson, converteuse no primeiro paciente tratado coa técnica ultrasons de alta frecuencia (HIFU) de recente creación no Hospital Clínico de Santiago.

Parkinson
Parkinson | Fonte: EP

Emilio, que sofre temblor esencial (TE) dende os 30 anos, recoñece que esta enfermidade foille limitando moito a vida co paso dos anos. "Simplemente comer un plato de sopa é unha odisea para min", conta o paciente.  

Así, Emilio someteuse á nova técnica no CHUS o xoves pasado e, grazas ao labor do equipo formado por neurociruxanos, neurólogos e neurorradiólogos, ao día seguinte recibiu a alta e ensinou aos medios de comunicación que se traladaron ata alí que xa podía coller un vaso e aproximalo ata a boca sen que caera a auga.

A TÉCNICA HIFU

Galicia é a primeira comunidade autónoma de España en incorporar á sanidade pública a técnica de ultrason de alta frecuencia guiada por resonancia magnética cerebral (HIFU) para pacientes con temblor esencial e Párkinson.

O grande avance sanitario que se procura con esta máquina de ultrasonidos é un resultado inmediato sen intervención quirúrxica. A terapia baséase na concentración por raios ultrasónicos estereotáxicos de alta enerxía que producen unha lesión térmica de menos de 3 mm no punto de interese. 

Segundo a Xunta, conséguense uns "resultados espectaculares, con gran seguridade e sen apenas contraindicacións". Con esta, prodúcese unha mellora clínica do temblor de máis do 80% con respecto á súa situación anterior. Además, a eficacia do tratamento mantense e non hai límite de idade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta