Baltar insta ao Goberno a lexislar "con perspectiva demográfica"

Defende a importancia do equilibrio territorial "a nivel social e económico".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2021 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reivindicou este luns no Senado a importancia de traballar no equilibrio territorial e instou ás institucions a que "se lexisle con perspectiva demográfica". Baltar referiuse a a situación de Ourense durante o acto de presentación do estudo de percepción dos avances realizados na España despoblada desde o 31 de marzo de 2019, presentado pola Cátedra contra o despoboamento e reto demográfico de Next Education.

Baltar aproveitou a súa intervención para trasladar que o equilibrio territorial é "moi importante a nivel social e a nivel económico" pero para que funcione ten que haber "equilibrio político como o que se dá no Senado, onde se elixe o mesmo número de senadores por provincia con independencia da súa poboación".

Con estas palabras trasladou no Senado que "hai que reivindicar e esixir que se lexisle con perspectiva" demográfica solicitando que, "nos textos que leven desde o Congreso se teña en conta a importancia da demografía e os retos que leva".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no Senado.. DEPUTACIÓN DE OURENSE
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no Senado.. DEPUTACIÓN DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta