Se podes, vai doar sangue en Semana Santa

Sanidade reitera o chamamento a doar sangue nas datas previas aos festivos de Semana Santa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2021 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reiterou este martes tras a reunión do comité clínico que segue a evolución da pandemia pola Covid-19 en Galicia o chamamento aos cidadáns a doar sangue nas datas previas aos festivos desta semana Santa.

Na rolda de prensa posterior á reunión do comité clínico, Comesaña apelou á solidariedade dos cidadáns co fin de "aumentar a reserva" dos grupos sanguíneos nas xornadas previas aos festivos de Semana Santa. En concreto, o titular de Sanidade destacou como os "grupos máis demandados" o A positivo (A+), o A negativo (A-), o Cero positivo (0+) e o B negativo (B-).

Con todo, Comesaña agradeceu " de antemán" esa colaboración dos galegos con "a súa achega desinteresada", dixo o titular de Sanidade. De feito, este luns a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) incidiu en que se necesita a "colaboración de todos os doantes", especialmente necesaria dos grupos A positivo, Cero positivo, A negativo e B negativo por presentar niveis baixos.

Firma de dous convenios de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Universidade de Santiago (USC) co fin de promover a doazón de sangue altruísta.. CONSELLERÍA DE SANIDADE
Firma de dous convenios de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Universidade de Santiago (USC) co fin de promover a doazón de sangue altruísta.. CONSELLERÍA DE SANIDADE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta