Detidos un home e unha muller por un tiroteo relacionado co narcotráfico en Vilanova

Os dous pasaron xa a disposición xudicial.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 31/03/2021 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a un home e unha muller en relación ao tiroteo rexistrado na noite do pasado domingo no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa, no que non houbo persoas feridas.

Así o confirmaron a Europa Press fontes da Garda Civil, que indicaron que foron arrestados un home e unha muller da zona onde sucederon os feitos. Ambos pasaron a disposición xudicial na tarde deste pasado martes, tras o que o home foi enviado a prisión por un suposto delito de tentativa de homicidio.

Fontes próximas á investigación apuntaron que o tiroteo pode estar relacionado co ámbito do narcotráfico. Os feitos sucederon sobre as 22,40 horas deste pasado domingo cando o Instituto Armado tivo coñecemento deste tiroteo.

Este tiroteo sen feridos tivo lugar de noite nunha rúa da localidade de Vilanova de Arousa "e dispararon a unha vivenda", debido ao que a Benemérita abriu unha investigación para esclarecer o sucedido, que levou á detención destas dúas persoas.

Introducen a un detido nun coche policial logo da detención realizada por axentes da Guardia Civil
Introducen a un detido nun coche policial logo da detención realizada por axentes da Guardia Civil | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta