Rueda cre que o recurso ante o TC do Goberno á reforma sanitaria "deixa a Galicia nunha situación complicada"

Di que esta reforma lexislativa foi froito da "inactividade" para dotar dun marco normativo á xestión da pandemia por parte do Goberno central.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2021 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu que a reforma da Lei galega de Saúde está "avalada" polos servizos xurídicos da Administración autonómica e considera que o recurso presentado polo Goberno central ante o Tribunal Consitucional "deixa a Galicia nunha situación complicada".

A preguntas dos medios este mércores na inauguración dunha exposición en Santiago, o número 'dous' do Executivo autonómico sinalou que "é difícil de entender" a decisión do Goberno central, ao que afeou que dea este paso cando "fala de cogobernanza, coordinación e lealdade institucional".

Rueda afirmou que a elaboración desta reforma lexislativa foi froito da "inactividade" para dotar dun marco normativo á xestión da pandemia por parte do Goberno central. Segundo o vicepresidente primeiro, a Xunta elaborou esta reforma, "avalada" polos servizos xurídicos e que resultou aprobada a comezos de ano no Parlamento galego, para contar con "ese marco xurídico".

"E agora atopámonos con este recurso sen contacto previo e sen vontade de falar entre os gobernos", sinalou Rueda, que cre que "ao Goberno central non lle gusta" que Galicia conte con "un marco xurídico" propio para a xestión da pandemia.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, xunto ao presidente de Afundación, Miguel Anxo Escotet, na presentación da exposición 'Galicia, a un paso de ti'. XOÁN CRESPO / XUNTA / Europa Press
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, xunto ao presidente de Afundación, Miguel Anxo Escotet, na presentación da exposición 'Galicia, a un paso de ti'. XOÁN CRESPO / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta