A polémica viaxe de Leopoldo López a Galicia en busca de opositores a Nicolás Maduro

"Aquí hai varias vítimas de violación de dereitos humanos de Nicolás Maduro"", di e asegura que a Federación Venezolana de Galicia é "un exemplo" a seguir en toda Europa para organizar á diáspora.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 01/04/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O líder opositor venezolano Leopoldo López atópase de visita "uns días" por Galicia para coñecer o funcionamento da numerosa colonia venezolana, así como para solicitar testemuños para levar a Nicolás Maduro á Corte Penal Internacional por "crimes de lesa humanidade". Unha visita polémica xa que foi identificado o outro día xunto coa súa familia nunha terraza de Cambados.

"En Galicia hai varias vítimas de violación de dereitos humanos de Nicolás Maduro", explica Leopoldo López nunha entrevista concedida a Europa Press. Na súa visita por terras galegas, apunta que se entrevistou "co equipo de venezolanos que traballa cos migrantes" e cos exiliados, que "é unha experiencia relativamente para os venezolanos, porque o boom do éxodo venezolano acentuouse a partir de 2016 e 2017". "Aquí hai unha experiencia que estou seguro que vai axudar moito", agrega.

Ademais, do mesmo xeito que fixo en Madrid, en Galicia mantén encontros con "varias persoas que foron vítimas de violación de dereitos humanos", familiares de persoas que "foron torturadas, detidas e privadas de liberdade de maneira arbitraria por parte da ditadura de Nicolás Maduro".

"Estamos preguntado quen está disposto a facer públicas as súas denuncias", asevera, pois "xa a Corte Penal Internacional determinou que hai razóns suficientes para procesar a Nicolás Maduro como responsable de crimes de lesa humanidade". "A idea é que se poidan seguir sumando moitos testemuños", agrega.

EXPEDIENTE SANCIONADOR EN CAMBADOS

O pasado martes, a Policía Local de Cambados iniciou un expediente sancionador contra Leopoldo López por saltarse o peche perimetral. O líder opositor atopábase nunha terraza coa súa muller, Lilian Tintori, e outra parella. Agora a Xunta deberá decidir sobre se se impón sanción ou non --ao estar adherido o concello a un convenio co Goberno galego para que tramite as multas anticovid--.

"Estabamos en Cambados visitando a un artista moi respectado, Manolo Paz, paramos a tomar un café, achegáronse as autoridades e pedíronnos documentación", explica López sobre o sucedido. "Onte non fun informado de ningún tipo de violación de norma ou de multa. Onte non houbo ningún tipo de mención sobre iso", relata. "Non sei como é o proceso aquí en España, se iso se notifica posteriormente", di.

Ademais, apunta: "Eu saín de Madrid antes do 26 de marzo, que era o día que se pechaba Madrid". E tiña unha "axenda para compartir cos venezolanos" en Galicia.

Leopoldo López visita en Vigo a sede da Federación Venezolana de Galicia co presidente de Fevega, Manuel Pérez. FEVEGA
Leopoldo López visita en Vigo a sede da Federación Venezolana de Galicia co presidente de Fevega, Manuel Pérez. FEVEGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta