Homenaxe ao arquitecto Domingo de Andrade con motivo do Día das Artes Galegas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2021 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

Representantes de institucións galegas reivindicaron a figura do arquitecto Domingo de Andrade, figura homenaxeada en 2020 e 2021 no Día das Artes Galegas. O evento celebrouse na Capela da Concepción da Catedral de Santiago, lugar onde está enterrado Andrade, e na nave de Azabachería.

O mesmo tivo lugar coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o deán da Catedral de Santiago, José Fernández Lago; o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo; e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana, entre outros.

Os asistentes enxalzaron o esplendor da obra de Andrade como "formulador da imaxe de Santiago na contorna da Catedral", recoñecemento simbólico do que a Real Academia Galega de Belas Artes, en colaboración coa Fundación Catedral, quixo deixar constancia co descubrimento dunha placa conmemorativa á beira da súa tumba. Á súa vez, o conselleiro de Cultura animou a protexer,divulgar e promover o seu legado.

Acto de homenaxe a Domingo de Andrade. XAIME CORTIZO
Acto de homenaxe a Domingo de Andrade. XAIME CORTIZO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta