Aumentan os pacientes ingresados e os novos contaxios, con 154

Os novos casos soben na área de Santiago, Pontevedra e Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2021 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

Os pacientes ingresados nos hospitais galegos por covid-19 aumentaron este venres ata os 212 --9 máis--, dos que 30 permanecen en UCI --dous máis-- e 182 noutras unidades. O incremento de hospitalizados prodúcese nunha xornada na que ascenden lixeiramente os novos casos detectados, ata os 154, segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade.

Dúas mulleres, fronte á entrada da residencia de maiores Coviastec, en Silledan/ Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press
Dúas mulleres, fronte á entrada da residencia de maiores Coviastec, en Silledan/ Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press

Na da Coruña e Cee permanecen os mesmos pacientes ingresados en UCI que un día antes --14-- mentres que soben a 64 os de planta --7 máis--. A seguinte área con máis persoas hospitalizadas é a de Vigo, na que un total de 6 persoas --unha máis-- están na UCI e 48 noutras unidades --cinco máis--.

Na de Santiago e Barbanza continúan tres persoas na UCI e baixan a 16 --unha menos-- as que permanecen en planta. Pola súa banda, na de Lugo hai dúas en UCI --sen cambios-- e 11 noutras unidades --un máis--. Ademais, na de Ourense mantense un paciente covid en UCI e hai 18 persoas noutras unidades --un máis--.

En canto á área de Pontevedra e O Salnés, hai un enfermo con covid en UCI --sen cambios-- e baixan a 19 os doutras unidades --dous menos--; mentres que na de Ferrol son seis persoas en unidades de hospitalización convencional e hai tres en UCI --unha máis--.

MENOS CASOS ACTIVOS

De acordo con estes datos, os casos activos en Galicia sitúanse en 2.306, 34 menos que un día antes. En canto ás áreas sanitarias, con estes publicados este venres pola Consellería de Sanidade coas cifras actualizadas ás 18,00 horas do día 1, A Coruña e Vigo mantéñense como as que rexistran máis casos activos, 752 e 621, respectivamente; seguida de Santiago, 274; Pontevedra, con 238; Lugo, 162; Ourense, con 151; e, por último, Ferrol, con 108.

Os casos activos soben na área de Pontevedra, onde hai nove máis, ata os 238. Tamén se incrementan na de Ourense, ata o 151 --seis máis--; así como en Santiago, onde hai 274 persoas coa enfermidade activa --catro máis--. Pola súa banda, na área sanitaria da Coruña baixan ata os 752 os casos activos --39 menos--; na de Ferrol hai 108 persoas con covid, 12 menos; na de Lugo 162, sete menos; e na de Vigo 621, o que supoñen seis persoas menos.

NOVOS CONTAXIOS

Dos novos contaxios, 139 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, dos que 43 correspóndense coa área de Vigo; 37 coa da Coruña; 18 coa de Santiago; 14 coa de Lugo; 13 coa de Ourense; 11 coa de Pontevedra e tres coa de Ourense.

BAIXA A TAXA DE POSITIVIDADE

No relativo á taxa de positividad mantense nun 1,9%, de forma que continua por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta