Morre unha muller duns 40 anos nun accidente de tráfico en Carnota

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2021 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

Unha muller duns 40 anos faleceu na tarde deste venres nun accidente de tráfico rexistrado no municipio coruñés de Carnota.

Segundo informaron a Europa Press fontes do operativo de emerxencias, o accidente tivo lugar sobre as 14,28 horas no quilómetro 18 da AC-550, estrada que une Muros e Carnota.

Ao saírse da vía, a muller quedou atrapada no vehículo polo que tivo que ser excarcerada polos bombeiros de Cee. Aínda que os servizos sanitarios acudiron ao momento, debido ao impacto, a muller faleceu no punto. Ao lugar tamén acudiu a Garda Civil, a Policía Local de Carnota e o Grupo Supramunicipal de Emerxencias de Muros.

Un vehículo da Garda Civil desprazado ao lugar dun accidente. GARDA CIVIL
Un vehículo da Garda Civil desprazado ao lugar dun accidente. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta