Se es galego pero vives no exterior podes estudar un máster de balde

A Xunta busca galegos emigrados e fillos de galegos con titulación universitaria para darlles 220 bolsas de ata 11.400€.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2021 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou a quinta convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME Máster) para estudar nas universidades da Coruña, Santiago e Vigo a descendentes de galegos e persoas nadas en Galicia que non residen na comunidade.

Para iso, Rodríguez Miranda trasladou a posibilidade de acceder a estas axudas, respecto das que este ano se incrementan a contía e as prazas dispoñibles, a 220 mozos residentes no exterior a través de tres webinars, segundo recolleu nun comunicado o Goberno galego.

A Xunta destina 1,72 millóns de euros a captar a 200 titulados universitarios galegos residentes no estranxeiro que poderán cursar estudos de máster nunha do tres universidades galegas. As prazas incrementáronse de 150 a 200 este ano para paliar as consecuencias da pandemia e mediante as mesmas búscase potenciar o retorno de titulados con currículos brillantes e contribuír á fixación de poboación en Galicia.

O importe das bolsas poderá oscilar entre os 7.000 e os 7.650 euros por un curso completo de 60 créditos ECTS segundo a procedencia do beneficiario. Ademais, as persoas que se matriculen nun curso de 90 créditos poderán recibir ata 11.475 euros en función do continente de procedencia.

Facultade univeristaria durante a corentena. Eduardo Parra - Europa Press
Facultade univeristaria durante a corentena. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta