A Mesa vencella a perda de falantes en galego aos "incumprimentos" da Xunta

Denuncia que os datos que o Estado e o Goberno galego entregaron a Europa estaban "manipulados", e esíxelles cumprir as recomendacións que agora lanza o Consello de Europa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2021 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

A Mesa pola normalización lingüística instou á Xunta e ao Estado a dialogar sobre o galego e a acatar as recomendacións de obrigado cumprimento do Consello de Europa, que alertou esta semana de que o número de menores de 15 anos que non saben falar este idioma podería aumentar.

Nun comunicado remitido aos medios, A Mesa explica que, no seu último informe de avaliación sobre a Carta Europea das Linguas, o comité e expertos "constata de novo os incumprimentos respecto ao galego" e insta a informar as accións tomadas para cumprir o tratado antes do 1 de agosto de 2023.

A Mesa lembra que o informe alerta da gravidade da situación na educación e indica que, segundo o compromiso do Estado e da Xunta, a educación debe ter o galego "como lingua de instrución". Ademais, apunta que "o marco legal actual é contrario aos compromisos do Estado español", polo que "non todas as limitacións á educación en galego foron eliminadas".

Con respecto á xustiza, A Mesa apunta que o Consello de Europa insiste na necesidade de asegurar o uso do galego nos procesos xudiciais a petición dunha das partes, a través da reforma da Lei orgánica do Poder Xudicial. Ademais, conforme indicou a asociación, insta a incluír a protección do galego nos estatutos de Asturias, Castela e León e Estremadura nos territorios destas comunidades nos que se fala.

"PRESIÓNS" DE GOBERNO E XUNTA

A Mesa pola Normalización lembrou que denunciou o pasado mes de febreiro a "manipulación" dos datos ofrecidos polo Estado ao comité de expertos para esta avaliación, que foron "contestados" pola asociación a petición do consello.

"O informe documentado e detallado presentado pola Mesa foi tido amplamente en conta polo comité de expertos, que non cedeu á presión do Goberno español e da Xunta", subliñou a asociación, que insiste en que a Administración autonómica debe "sentar, falar e chegar a un acordo sobre o galego na educación".

Neste punto, lembra que elaborou, xunto a outras entidades, sindicatos e movementos de renovación pedagóxica, unha proposta de bases para a normalización na educación, a única proposta existente neste momento que cumpre coas esixencias do Consello de Europa.

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo
O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Ana Varela - Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 uu1

A Xunta e toda a oficialidade, onde a mesa está incluída, são responsáveis da perda de falantes em galego. Quarenta anos de políticas fracassadas, dados do IGE http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?r...[12];1[all];0[all]&C=2[0];3[all]&F=&S=&SCF= ainda não servirão para aprendermos nenhuma lição.

1 nostrus tumbanaciosos

E seguimos ca lerea do galego. Si se perden falantes de galego é porque hai xente que non quere falalo, así de sinxelo e a Mesa pretende que alguen que non fala galego teña que falalo para que a eles lle saian as contas. A Mesa é unha asociación parafascista que se adica a evanxelizar a xente de forma mafiosa para eles poderse recrear nas súas fantasías. En contrapartida existen asociacions tipo Galicia Bilingüe ou Hablamos Español que se adican a respetar a vontade da xente para que fale o que desexe, ben sexa galego ou o español, porque Galicia é unha rexión con dus linguas oficiais para que a xente escolla.