Morre un home en Melide tras sufrir un corte cunha máquina agrícola

O home estaba a rozar a súa leira cando rompeu o disco da amoladora para logo cravárselle no peito.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2021 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

Un home morreu este sábado no municipio coruñés de Melide tras sufrir un corte cunha amoladora mentres realizaba traballos nunha explotación gandeira. Segundo informan a Europa Press fontes da Garda Civil, o home estaba a rozar a súa leira cando se lle rompeu o disco da máquina agrícola para logo cravárselle no peito.

Ocorreu na parroquia de Folladela ao redor das 12,00 do mediodía. Foron os servizos sanitarios do 061 os que contactaron coa central de emerxencias do 112 para informar de que un home sufrira este accidente, polo que mobilizaban un helicóptero medicalizado con base en Santiago.

De acordo coas mesmas fontes da Benemérita, a vítima foi trasladada á PAC de Melide, onde finalmente se certificou a defunción. Por iso mesmo, os servizos anutarios anularon o desprazamento da aeronave. Para aclarar as circunstancias do suceso, acudiron ata o lugar axentes da Garda Civil e Policía Local tras ser avisados polos xestores do 112.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta