Investigan a tres veciños de Ribadavia por un cultivo de marihuana con 55 plantas gardadas nunha adega

A Garda Civil toma declaración como investigado a un veciño de Verín por furtar 120 euros nunha pizzaría do municipio

Por E.P. | OURENSE | 05/04/2021 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A Garda Civil tomou declaración en calidade de investigados a tres persoas, veciñas do municipio ourensán de Ribadavia, tras o achado dun cultivo con 55 plantas de marihuana nunha adega.

Segundo informa a Benemérita, trátase de tres invididuos de 36, 41 e 54 anos de idade, respectivamente, investigados como presuntos autores dun delito contra a saúde pública.

A Garda Civil interveu ás 55 plantas de marihuana no interior dunha adega que é propiedade dun deles. As dilixencias instruídas remitíronse ao Xulgado de Ribadavia.

FURTO NUNHA PIZZARÍA

Por outra banda, o Instituto Armado tomou declaración en calidade de investigado a un veciño de Verín, de 36 anos de idade, debido a un suposto delito leve de furto nunha pizzaría.

En concreto, esta persoa apoderouse de 120 euros da caixa rexistradora do establecemento aproveitando o descoido do propietario, segundo relata a Garda Civil.

Neste caso, as dilixencias instruídas remitíronse ao Xulgado de Instrución Número 2 de Verín.

Cultivo de marihuana intervido nunha adega de Ribadavia (Ourense). GARDA CIVIL
Cultivo de marihuana intervido nunha adega de Ribadavia (Ourense). GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta