O BNG conmemorará en solitario o 40 aniversario do Estatuto cun acto en Fonseca

Pontón non acudirá ao acto organizado polo Parlamento galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2021 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

O BNG conmemorará o 40 aniversario da aprobación do Estatuto de Autonomía cun acto que terá lugar no Colexio de Fonseca, segunda sede do Lexislativo galego e última antes do seu traslado definitivo ao Pazo do Hórreo.

Alí estará a líder nacionalista, Ana Pontón, que, deste xeito, ausentarase do acto organizado polo propio Parlamento de Galicia no que se imporá a Medalla da Cámara galega á Xeración Nós.

Así, Pontón intervirá a partir das 11,00 horas no acto convocado pola formación frontista, que elixiu os xardíns do Pazo de Fonseca (segunda sede do lexislativo tras o Pazo de Xelmírez) para celebrar os 40 anos de Estatuto.

Cuestionada este luns en rolda de prensa sobre a súa ausencia, a líder do Bloque apuntou que a súa formación estará representanda por outras persoas o acto do Parlamento que renderá tributo á Xeración Nós, á que definido como "xerme" do nacionalismo galego e do "soño" do autogoberno, "que aínda está vivo".

A líder do BNG, Ana Pontón / BNG. / Europa Press
A líder do BNG, Ana Pontón / BNG. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta