Reclaman a construción dun bypass ferroviario en Betanzos para a comunicación entre Ferrol e A Coruña

O deputado do BNG, Néstor Rego, urxe ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a "actuar e facelo xa porque esta obra é perfectamente asumible dentro dos orzamentos do Ministerio".

Por E.P. | Ferrol | 05/04/2021 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, xunto aos portavoces municipais desta formación en Betanzos, Ferrol e A Coruña, reclamou ao Goberno a construción do bypass ferroviario en Betanzos.

Fíxoo na estación de ferrocarril Betanzos-Infesta e despois de que se rexeitasen as emendas presentadas pola formación nacionalista aos Orzamentos Xerais do Estado e que se anunciase "que non se vai executar sequera os 128.000 euros previstos para 2021 por non consideralo unha prioridade".

Así o remarcaron desde a formación nacionalista con motivo dunha comparecencia do deputado xunto á portavoz do BNG en Betanzos, Amelia Sánchez, e os portavoces municipais en Ferrol e Coruña, Iván Rivas e Francisco Jorquera, respectivamente.

"Nesta liña tárdase practicamente o dobre, 80 minutos, indo en tren que facendo o mesmo traxecto en coche", expuxo Rego que argumentou que se trata dunha vía mal deseñada xa que parte dunha visión centralista de conexión de Ferrol coa meseta, pero non da comunicación entre A Coruña ou Ferrol".

Neste contexto, o deputado nacionalista avanzou novas iniciativas no Congreso para urxir ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a "actuar e facelo xa porque esta obra é perfectamente asumible dentro dos orzamentos do Ministerio".

Pola súa banda, a portavoz do BNG en Betanzos, Amelia Sánchez, destacou a oportunidade que se pode xerar coa construción do bypass, constituíndo unha "liña de transporte público alternativo, de calidade e, ao mesmo tempo, sustentable e ecolóxico".

O deputado do BNG no Congreso, Néstar Rego, xunto á portavoz do BNG en Betanzos, Amelia Sánchez, e os portavoces municipais en Ferrol e  Coruña, Iván Rivas e Francisco Jorquera, nunha comparecencia na estación ferroviaria de Betanzos. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Néstar Rego, xunto á portavoz do BNG en Betanzos, Amelia Sánchez, e os portavoces municipais en Ferrol e Coruña, Iván Rivas e Francisco Jorquera, nunha comparecencia na estación ferroviaria de Betanzos. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

En coche, pola estrada, non se tardan 40 minutos de Coruña a Ferrol, senón arredor dunha hora, case o mesmo que o tren, que tarda 75 minutos. Agora, é certo que a liña Coruña - Ferrol quedouse moi desfasada, e xa non é competitiva ca autopista. E os servicios que hai actualmente son ridículos ( 3 ao día por sentido) e non sirven. Ou hai una mellora sustancial, ou a liña vai prácticamente a desaparecer.