A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico comeza este martes co documental 'Negro púrpura'

'Negro púrpura' percorre a historia da presenza en Galicia do fungo do caruncho do centeo ('Claviceps purpurea'), así como a súa conexión co LSD, as multinacionais farmacéuticas, as pragas medievais e a CIA.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2021 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

O documental 'Negro Púrpura', dirixido por Sabela Igrexas e Adriana P. Villanueva, inaugura este martes, 6 de abril, a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.

'Negro púrpura' percorre a historia da presenza en Galicia do fungo do caruncho do centeo ('Claviceps purpurea') --con varios nomes en galegos como 'caruncho', 'cornecelo' ou 'dentón'--, así como a súa conexión co LSD, as multinacionais farmacéuticas, as pragas medievais e a CIA. Esta sesión, fóra de competición, contará coa presencial do equipo do documental na proxección no Teatro Principal (19,30 horas).

A 16ª edición do MICE celebrarase do 6 ao 10 de abril, nunha edición que compatibiliza exhibición presencial e en liña. Haberá unha vintena de cintas entre a sección oficial e fóra de concurso. Este ano inclúense os apartados 'Impropias', que aborda a memoria histórica desde unha perspectiva de xénero, e 'Trazas', en colaboración co Cineclube Compostela e dedicado á linguaxe.

A programación da Sección Oficial da 16ª MICE poderá seguirse desde as pantallas do Museo do Pobo Galego, do Teatro Principal e do cinema Númax. Serán 11 películas de sete países (España, Estados Unidos, Francia, Finlandia, Marrocos, Mozambique e Portugal) as que irán a concurso, entre as que se atopan catro filmes galegos: 'A miña terra', de Santiago D. Risco; 'Notas sobre a habilitade na Barca', do Colectivo Semente; 'A poeta analfabeta', de Sonia Méndez e 'Entre pastores e lobos', de Manuel Pedrosa.

Fóra de competición estarán títulos como 'Os corpos' de Eloy Domínguez Serén, e o mediometraje 'Do Not Lean On Door', de Vicente Vázquez. Entre as actividades paralelas, destacan o taller práctico 'Da investigación á creación biográfica' e a exposición 'Ons soa', comisariada pola arqueóloga e etnógrafa Paula Bellesteros-Arias a partir do seu traballo de campo na Illa de Ons.

Cartel do documental 'Negro Púrpura', de Sabela Igrexas e Adriana P. Villanueva. ILLA BUFARDA
Cartel do documental 'Negro Púrpura', de Sabela Igrexas e Adriana P. Villanueva. ILLA BUFARDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta