O paro descende en 4.509 persoas en marzo en Galicia, un 2,43%

Son 6.283 máis dos que había hai un ano, cando comezou a pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2021 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) descendeu en 4.509 persoas en marzo en Galicia en relación co mes anterior, o que supón unha diminución do 2,43%, superior á da media (-1,5%), segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo.

Deste xeito, o desemprego situouse na comunidade galega en 180.719, que, en calquera caso, son 6.238 máis que os que había no mesmo mes de 2020, que foi cando comezou a pandemia do coronavirus. Por iso, o aumento con respecto a hai un ano é do 3,58%.

No conxunto estatal, o paro baixou en 59.149 desempregados en marzo (-1,5%), o seu maior retroceso neste mes desde o ano 2015, cando descendeu en 60.214 persoas. Traballo destaca que se trata do terceiro mellor dato dentro da serie histórica do mes de marzo.

Paro rexistrado en marzo en Galicia. EPDATA
Paro rexistrado en marzo en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta