“Será unha honra exercer de embaixador dos viños de Valdeorras polo mundo”, Lucas Mondelo

O seleccionador español de baloncesto feminino, con orixes na comarca de Valdeorras, visitou a sede do Consello Regulador e recibiu esta encarga do presidente, José Luis García Pando.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 07/04/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Lucas Mondelo, aínda que naceu en Barcelona, ten raíces e presume de valdeorrés por alí por onde vai. Na súa visita á sede do Concello Regulador da D.O. Valdeorras asegurou que os brancos, e tamén os tintos, de Valdeorras posúen cada vez máis calidade.

José Luis Garía Pando e Lucas Mondelo na sede do C.R.D.O. Valdeorras. Foto: Prensa C.R.
José Luis Garía Pando e Lucas Mondelo na sede do C.R.D.O. Valdeorras. Foto: Prensa C.R.

O presidente da entidade, José Luis García Pando, trasladou os seus parabéns a Mondelo polos seus magníficos logros deportivose díxolle que “sabendo que sempre presumes de valdeorrés, para nós é un orgullo nomearte embaixador dos nosos viños”.

Mondelo recolleu a encarga e asegurou que será unha honra exercer de embaixador dos viños de Valdeorras polo mundo. Engadiu que cada ano descobre novas adegas na zona que o sorprenden cada vez máise enfatizou non só na calidade do godello, senón tamén na doutras variedades autóctonas da nosa comarca.

PALMARÉS COMO SELECCIONADOR

A selección femenina española de baloncesto, sendo adestrada por Lucas Mondelo, foi subcampiona olímpica (2016) e subcampiona mundial (2014), ademais, de gañar tres campionatos de Europa (2013, 2017 e 2019) . A nivel de clubes, entre outros moitos títulos, conseguir dúas veces a máxima competición europea, a Euroliga, que levantou en 2011 co Perfumerías Avenida de Salamanca e en 2017 co Dynamo Kursk ruso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta