A mostra 'As primeiras xornalistas' chega a Santiago para enxalzar a loita das xornalistas galegas pola igualdade

Nun comunicado, a Consellería de Igualdade sinalou que a exposición achega ao público "de maneira visual e didáctica" a traxectoria de comunicadoras comprometidas coa modernización política, social e cultural de Galicia".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2021 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

A exposición 'As primeiras xornalistas, elas escribiron a historia', que repasa o papel de xornalistas e escritoras galegas na loita pola igualdade e a modenización social, foi inaugurada este martes na biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, foi a encargada de inaugurar a mostra que, desde hai un ano, percorre as bibliotecas de xestión autonómica de todas as provincias --a última, a González Garcés da Coruña--.

Nun comunicado, a conselleira sinalou que a exposición achega ao público "de maneira visual e didáctica" a traxectoria de comunicadoras comprometidas coa modernización política, social e cultural de Galicia".

"Esta exposición é un recoñecemento merecido ao papel que xogaron as precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre homes e mulleres, unha loita para a que se serviron do máis indestructible instrumento de poder: a palabra, na súa escritura, a súa voz e na súa capacidade de comunicar", destacou a conselleira.

Lorenzana apuntou ademais que agora se pon o foco en "mulleres que durante moito tempo estiveron silenciadas e invisibilizadas" e remarcou o simbolismo de facelo en lugares como as bibliotecas públicas, "espazos abertos ao público e lugares de encontro entre mozos e maiores, onde a loita pola igualdade das homenaxeadas viaxa de fogar en fogar".

A LOITA DE 12 XORNALISTAS

A exposición repasa, mediante un conxunto de paneis, as biografías e experiencias de doce reporteiras, escritoras, directoras e correspondentes de guerra que, segundo subliñou o departamento de Igualdade, comparten "o inconformismo, a rebeldía contra a discriminación, a excelencia creadora e a loita pola igualdade". Recóllense na mostra as opinións de Emilia Pardo Bazán en máis de dous mil artigos de prensa e doutras pioneiras como Concepción Arenal ou Mª Luz Morais, primeira directora dun xornal.

A exposición recolle tamén a vida profesional de Sofía Casanova, correponsal de Guerra; a de Virginia Felicia, coñecida como a raíña do folletín; ou a de Mercedes Vieito, que exerceu o xornalismo desde Cuba. Completan a exhibición os poetas Filomena Dato, Clara Corral, Pura Vázquez e Avelina Valladares, que exerceu ademais como articulista; a crítica literaria Concha Castroviejo e a escritora María Vinyals.

'As primeiras xornalistas' se traslará en maio a Vigo, onde poderá visitarse ata principios de xuño nas instalacions da delegación territorial da Xunta. Con todo, "dada a boa acollida da exposición", María Jesús Lorenzana confirmou que a mostra volverá percorrer unha vez máis o catro provincias galegas.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugura a exposición 'As primeiras xornalistas' na biblioteca Ánxel Casal. XOÁN CRESPO
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugura a exposición 'As primeiras xornalistas' na biblioteca Ánxel Casal. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta