O 87% dos maiores de 80 anos en Galicia foron vacinados e o 2,63% rexeitou ser inmunizado

Comesaña cingue as grandes colas á área sanitaria de Santiago por persoas que acudiron antes da cita.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/04/2021 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

Galicia deu impulso á vacinación nos últimos días ao manter as inmunizaciones durante os festivos de Semana Santa, de maneira que o 87 por cento dos maiores de 80 anos foron vacinados, segundo o último balance, o que a sitúa "moi por enriba" da media española.

Persoas agardando na vacinación masiva de Santiago de Compostela a 6 de abril de 2021
Persoas agardando na vacinación masiva de Santiago de Compostela a 6 de abril de 2021 | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

No lado do non, o 2,63 por cento de persoas deste grupo de idade rexeitou ser inmunizado ao ser chamado, da orde de 6.000 galegos, un número "non pequeno", en palabras do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

O conselleiro de Sanidade tamén informou do total de 203.596 persoas maiores de 80 anos foron vacinadas.

Á marxe do rexeitamento a ser vacinados (o 2,63%), hai entre un 7 e un 8 por cento de persoas que foron citadas e que, por distintos motivos (como dificultades para o desprazamento) non puideron acudir á cita. Estas persoas volverán ser chamadas de forma inmediata para completar a inmunización do grupo de idade e, no caso de que non poidan acudir ao centro de saúde, desprazarase un equipo aos domicilios.

Comesaña tamén indicou que foron vacinados 6.786 grandes dependentes, dos 14.848 que son poboación diana, o que supón o 43 por cento deste colectivo. O conselleiro indicou que a intención é acabar a vacinación dos maiores de 80 anos e seguir facéndoo tamén nas residencias cando se incorpora un usuario ou un traballador a un centro.

"A vacinación dos maiores de 80 anos foi, é e será unha prioridade", aseverou o conselleiro na súa intervención, na que explicou que cando se trata de problemas xustificados, o Sergas vai volver a chamar a todas estas persoas para que sexan vacinadas.

Cos últimos datos, hai vacinadas 588.893 persoas, das cales 436.933 fórono cunha dose de Pfizer, 39.652 con Moderna e 112.258 con Astrazeneca. Este luns chegaron 105.300 dose de Pfizer e está previsto que cheguen tamén outras 25.000 de Moderna, aínda que non está ao 100 por cen confirmado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta