O Parlamento de Galicia pide á Xunta novos instrumentos de apoio económico ás pemes

Con todo iso, busca propiciar "a xeración de novo valor en produtos, servizos e modelos de negocio máis sustentables e máis dixitais".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2021 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia, por unanimidade dos grupos, insta á Xunta a impulsar novas iniciativas e instrumentos de apoio económico ás pemes.

En concreto, e por mor dunha iniciativa do PP na comisión de industria, pretende "introducir o deseño nas estratexias empresariais que permitan favorecer a recuperación da crise a través da utilización de ferramentas e metodoloxías de pensamento creativo".

Con todo iso, busca propiciar "a xeración de novo valor en produtos, servizos e modelos de negocio máis sustentables e máis dixitais".

Pleno do Parlamento. PARLAMENTO
Pleno do Parlamento. PARLAMENTO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta