Galicia só está por enriba de Melilla, Murcia, Canarias e Aragón en vacinación

O 17,3% da poboación recibiu polo menos unha vacina do Sergas, que administrou o 74% das doses.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2021 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

O 17,3 por cento da poboación galega recibiu polo menos unha dose dunha das vacinas que están a ser administradas en España, mentres que o 7,3 por cento xa completou a pauta de inmunización a través dos viarios.

Son datos do Ministerio de Sanidade, recollidos por Europa Press, a data deste luns 6 de abril. Ademais, segundo este informe, Galicia administrou o 74 por cento das vacinas recibidas, de maneira que escala lixeiramente no ranking de comunidades tras o empuxón de Semana Santa e está por encima da porcentaxe administrada en Melilla, Murcia, Canarias e Aragón.

Concretamente, a data do luns, a Comunidade galega recibira 532.465 dose de Pfizer; 73.600 de Moderna; e 180.300 de Astrazeneca. En total, 786.365 dose das que se administraron 584.849, o 74,4%.

Con polo menos unha dose inoculada, hai un total de 408.648 persoas en Galicia, mentres que coa pauta completa, a poboación que culminou a inmunización é de 176.201 persoas, segundo este informe.

Mentres, con datos actualizados da mañá deste mércores, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou de que hai vacinadas en Galicia un total de 588.893 persoas, das cales 436.933 o foron cunha dose de Pfizer, 39.652 con Moderna e 112.258 con Astrazeneca.

DATOS DO CONXUNTO DO ESTADO

Segundo os datos do Ministerio de Sanidade, no conxunto do Estado recibiu unha vacina o 13,5 por cento da poboación e o 6,2 por cento conta xa coas dúas doses.

Ata agora en España administráronse 9.357.847 doses das vacinas contra o covid-19 de Pfizer, Moderna e AstraZeneca, o 78,6 por cento das distribuídas entre as comunidades autónomas, que ascende ás 11.909.475 unidades.

Profesionais sanitarios participan na primeira vacinación masiva levada a cabo no Ifevi, en Vigo / Europa Press. / Europa Press
Profesionais sanitarios participan na primeira vacinación masiva levada a cabo no Ifevi, en Vigo / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta