O Goberno actualiza cotas de caballa de frotas da Coruña, Lugo e Cantabria

Por Galicia Confidencial | Lugo | 08/04/2021 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este xoves tres resolucións da Secretaría Xeral de Pesca que actualizan as cotas de cabala (verdel ou xarda) no Cantábrico e noroeste para as frotas de Lugo, A Coruña e Cantabria.

Pesqueiro 'Nai Antonia'. MINISTERIO DE PESCA
Pesqueiro 'Nai Antonia'. MINISTERIO DE PESCA

As resolucións corresponden á repartición de cabala entre os barcos que usan artes distintas ao arrastre e cerco.

A actualización prodúcese tras a última reunión do Consello de Pesca da Unión Europea (UE) en marzo e unha vez deducida a parte dunha multa por "sobrepesca" en 2009, imposta a España, que se aplicará para as capturas desa especie en 2021.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta