Gonzalo Caballero reclama "un sistema de vacinación áxil que permita que cada vacina sexa administrada con eficacia"

Neste sentido, comprometeu o traballo dos socialistas galegos en "conseguir as mellores políticas públicas" para "camiñar cara a unha inmunidade máis global de aquí ao verán".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2021 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reiterou este xoves a súa oferta de "man tendida" ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para reforzar o sistema de vacinación de face á chegada masiva de dose nas próximas semanas.

"Necesitamos que se administren con celeridade, evitando escenarios de colapsos e de colas como se están dando en distintas cidades galegas", afirmou o xefe de filas do PSdeG nunha visita a Carballo.

Gonzalo Caballero urxiu un acordo para ter "un sistema de vacinación áxil e eficiente que permita que cada vacina sexa administrada con eficacia no tempo máis curto posible".

Neste sentido, comprometeu o traballo dos socialistas galegos en "conseguir as mellores políticas públicas fronte á crise sanitaria, económica e social", para "camiñar cara a unha inmunidade máis global de aquí ao verán".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, xunto a cargos do PSOE na comarca de Bergantiños. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, xunto a cargos do PSOE na comarca de Bergantiños. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta