Por que Galicia está entre as autonomías que menos vacina de todo o Estado?

Feijóo apunta ao Goberno central, ao envellecemento da poboación e a ter "unha despensa de vacinas" como causas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/04/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Galicia leva desde hai case unha semana sendo unha das autonomías con menor taxa de vacinación segundo os datos que diariamente traslada o Ministerio de Sanidad. Unha situación para que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ten tres causas: as responsabilidades do Goberno central, o envellecemento da poboación e a necesidade de ter "unha despensa de vacinas".

Varios puntos de vacinación no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi)
Varios puntos de vacinación no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) | Fonte: Europa Press

A prentuntas de GC na rolda de prensa do Consello da Xuna, o presidente galego defendeu "o criterio de prudencia" de Galicia de reservar dose de vacinas por se houbese posibles problemas de 'stock', aínda que a porcentaxe de vacinas administradas sobre recibidas que proporciona diariamente o Ministerio sitúana --segundo o último informe publicado-- entre as últimas comunidades. "Temos que reservar entre un 25 e un 28% de vacinas por criterios de prudencia", dixo.

En todo caso, asegurou estar "moi satisfeito" con como avanza o proceso de vacinación na Comunidade e destacou o "excelente" traballo dos sanitarios. Ademais, recalcou que Galicia ten máis poboación maior de 80 e non quere arriscarse, dado que descoñece "cantas vacinas van chegar á Comunidade" con antelación. "Estamos ante un problema de doses, non de velocidade. E non imos cambiar os criterios porque non estamos nunha competición", defendeuse.

PROBLEMAS NA VACINACIÓN

Tamén rexeitou falar de "aglomeracións" en Santiago e minimizou a relevancia das "colas" rexistradas na vacinación masiva do Gaiás porque "con carácter xeral" o proceso transcorreu "con normalidade" na práctica totalidade de puntos de vacinación da Comunidade.

"E en Satiago houbo colas derivadas de que acudiron persoas que non estaban citadas ou que chegaron antes da súa hora", sinalou, antes de facer un chamamento aos cidadáns a que se axusten ao horario ao que están chamados para recibir a vacina para evitar este tipo de problemas.

SPUTNIK

En canto a que a Axencia Europea do Medicamento analice a vacina rusa Sputnik V, Feijóo remarcou que a súa "opinión persoal" é que o goberno de España "non pode oporse". "Non estamos en situación de poder considerar que non necesitamos máis vacinass; necesitamos múchas máis e con máis rapidez porque a economía se esborrallou", reflexionou.

Iso si, ante os contactos doutras comunidades, como Madrid, para a compra, subliñou que non é a opción de Galicia. Baixo o seu punto de vista, non se pode adquirir ningún fármaco que non estea autorizado pola EMA. "E aínda debería pasar logo pola Axencia Española do Medicamento", apostilou, reiterando a súa postura xa explicitada na pasada xornada.

Ademais, insistiu en que a compra está a ser centralizada e que unha decisión de tal "calado" debe ser estudada por todos no marco do Consello Interterritorial. Con todo, asegurou "entender" que haxa presidentes que dadas as "incertezas" en relación ás datas ou ao número de dose busquen outras vías, pero apelou a ser "moi reflexivos" e evitar as "tensións" que podería xerar "ir cada un polo seu lado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta